Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Actividade desenvolvida no marco do convenio de colaboración, en materia de igualdade de xénero, entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC. Ten como finalidade visibilizar ás enxeñeiras e científicas como referentes nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros dirixidos ao alumnado de primaria

Obradoiros

Nos vídeos propóñense obradoiros de temática moi variada: física, matemáticas, computación, química ou óptica que achegan de forma divertida estas disciplinas ao alumnado de primaria, e amosan as contribucións das mulleres en áreas como a astronomía.

Inscríbete

Debes inscribirte para poder ver os vídeos.

Cubre o noso formulario de inscrición e recibirás un correo electrónico con instrucións para acceder aos videos dos obradoiros.

Inscrición

Animamos a que enchan o formulario de inscrición o equipo directivo ou profesorado dos colexios interesados nos vídeos dos obradoiros como recursos didácticos.

Axenda

Non hai eventos para este mes

Relatoras

    Resumo

    Antecedentes

    A pesar da crecente presenza das mulleres no alumnado universitario, a súa distribución é desigual entre as distintas titulacións. En particular, na Universidade de Santiago de Compostela os datos do último diagnóstico de igualdade amosan que no curso 2019-20 as alumnas son un 62,83% do total do alumnado de titulacións de grao. Pero persisten as fendas, xa que os porcentaxes de alumnas son: 31,22% na área de enxeñaría, 22,73% no dobre Grao en Matemáticas e en Física, 20% no Grao de Robótica e 13,17 % no Grao en Enxeñería Informática.

    Esta escasa presenza de mulleres nalgunhas titulacións do ámbito CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) no só prexudica ás mulleres, reducindo ás súas oportunidades de traballo e de participación nos avances e decisións do futuro tecnolóxico, senón que afecta os resultados das investigacións, a innovación e polo tanto á sociedade.

    As causas desta desigualdade son múltiples, entre elas a presenza de estereotipos de xénero e a falla de referentes femininos en ciencia e tecnoloxía. Por iso, a nosa universidade inclúe entre os obxectivos das políticas de igualdade incentivar a elección de titulacións non baseadas en roles tradicionais de xénero, centrándose na educación primaria. Esta fenda de xénero xa está aberta en secundaria, como sinalan diversos estudios, polo que é necesario promover programas dirixidos ao alumnado en idades máis temperás. Neste contexto, a Oficina de Igualdade de Xénero, dirixida por Eva Aguayo Lorenzo, iniciou no 2016 o programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole, no marco de colaboración do Concello de Santiago de Compostela coa USC.

    Edicións anteriores

    1. 2024

      9ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    2. 2023

      8ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    3. 2022

      7ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
      Modalidade telemática

    4. 2021

      6ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
      Modalidade telemática

    5. 2020

      5ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
      Modalidade telemática

    6. 2019

      4ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    7. 2018

      3ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    8. 2017

      2ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    9. 2016

      1ª Edición
      Unha enxeñeira ou científica en cada cole.

    Difusión

    Participación en congresos

    1. I Congreso Iberoamericano de Docentes

      Congreso Virtual do 6 ao 8 decembro de 2018

    2. XXXVI Reunión Bienal de la Real Sociedad Española de Física

      Santiago de Compostela, 17-21 de xullo de 2017

    3. V Xornada Universitaria Galega en xénero

      Vigo, 7 Xullo 2017

    4. III Congreso Internacional sobre Innovación Pedagógica y Praxis Educativa

      Sevilla, 28, 29 e 30 de novembro de 2016

    Material complementario

    Como material complementario aos obradoiros impartidos por científicas e enxeñeiras, elaborouse un documento con referencias a contos e relatos sobre mulleres que contribuíron ao avance da ciencia e a tecnoloxía e que describimos máis polo miúdo na seguinte publicación.

    Coordinación

    Marta Pérez Pereiro. Delegada do reitor para a Igualdade, USC.
    Encina Calvo Iglesias. Profesora da área de Física Aplicada, USC.